A nosa aula de Infantil

Diario TIC

  • Enlaces:

  • Diccionarios:

  • Nube de etiquetas

    Actividades Proxectos Saídas Visitas

Posts Tagged ‘Proxectos’

Proxecto: O ANTIGO EXIPTO ( 5 anos A)

Posted by ceipcaei o 21/06/2011

Tanto falar das pirámides, das momias…, levounos a unha viaxe ao longo do Exipto dos Faraóns.

Decidimos organizar todo o que xa sabiamos, e engadir un feixe de información que nos permitiu aprender un montón sobre esa época da Historia.

Aquí está un resumo do noso traballo.

Comezamos poñendo en común todo o que sabiamos, e gracias ás nosas familias, trouxemos á escola información recopilada na casa: debuxos, cousas que baixamos de internet, libros, dvd’s… ata un auténtico pergamino traído de Exipto. Con todo fixemos o noso Museo de Exipto.
Unha vez que xa tivemos feito o Museo, empezamos a traballar en aspectos máis concretos. O primeiro foi situar Exipto na bola do mundo.
Claro! Exipto está en África.Ao longo do río Nilo nace o Antigo Exipto. Os exipcios fan as súas casas, plantacións, templos…, aproveitando a fecundidade das terras que hai nas beiras do río.

As pirámides son os monumentos funerarios nos que se enterraban aos faraóns. Un dos máis famosos é Tutankhamon. Nós investigamos, entre outros, nos libros que tiñamos na clase, e fixemos as nosas propias pirámides e por suposto o sarcófago xunto coa momia do faraón neno. Ah! Tamén a nosa esfinxe de Giza estaba presente.

Tamén aprendimos sobre os xeroglíficos e a Pedra Roseta, onde se atoparon os primeiros. Sobre os escribas e os diferentes dioses. A nós gustounos a diosa Isis, e coloreámola, así como os amuletos que usaban porque lles daban boa sorte.
   

Por suposto que falamos moitísimo das momias. É o que máis nos entusiasmou. Se vos fixades no noso Museo hai unha que fixo Julia coa súa mamá.

Non é doado ensinarvos todo o que fixemos, porque traballamos máis dun mes, pero esperamos que a mostra de parte do que elaboramos vos gustara.

ATA OUTRA!

Posted in Proxectos | Etiquetado: , | Leave a Comment »

Proxecto “RANA”

Posted by ceipcaei o 21/06/2011

Os nenos e nenas de E.I. 4anosB, estivemos a facer durante o segundo trimestre un proxecto de traballo sobre a “RANA”.O motivo foi que a nosa mascota da aula é unha medio rá medio nena que se chama Pascuala, e quixemos investigar e aprender cousas sobre estes animais.O primeiro que fixemos foi poñer en común todo o que nós xa sabíamos sobre as rás e o que queríamos aprender. Despois buscamos un montón de libros na biblioteca que falaran das rás.
Aprendimos un montón de cousas: como son as rás por dentro, como saltan, como nacen, iso si que é curioso como pasa de ser un pequeno ovo a unha rá ¿sabedes que os ovos de rá, todos xuntiños, como elas os poñen, chámanse “freza”?,nós aprendímolo no libro “Erase una vez un renacuajo”
Pero tamén buscamos en internet, mirádenos buscando distintas clases de rás(clicade aquí e veredes as fotos que atopamos).
Tamén atopamos información noutras páxinas
Despois debatemos ,repasamos o que aprendíamos de novo,contrastábamos co que xa sabíamos e puxémonos a facer unha serie de traballos.
Tamén fixemos un pequeno libro sobre as rás, escoitamos contos sobre rás (os que máis nos gustaron foron “O Rei Rá” e “Un príncipe raro”),fixemos unha rá para cada un con pasta de modelar e aprendimos unha poesía moi chuli:”La rana Rosita”.Cando todo rematou, elaboramos un pequeno dossier con todos os traballos e con todo o que aprendimos.
Despois de que as rás secaran, pintámolas de verde con manchas marrón como as ” rás leopardo”.
Aprendimos a escribir sós: RANA, REI e RA, e adistinguir en palabras:SALTAN, NADAN, SE SIENTAN EN LOS NENÚFARES.Total que traballamos moito pero pasámolo moi ben e agora sabemos máis cousas sobre as amigas da nosa Pascuala.

Ah!,por si queredes aprendela, ahí vai a poesía de “La rana Rosita”.

“LA RANA ROSITA”

La Rana Rosita

puso tres huevos

y tres renacuajos

de ellos salieron.

Les puso de nombre:

Rufo,Rita y Renato,

y los tres renacuajos

nadaron un rato.

La RanaRosita

salió de la charca

y cazó una mosca

con su lengua larga.

Rufo, Rita y Renato, croando,

llamaron a su mamá rana

Rosita, la rana, muy ocupada,

volvió a la charca de muy mala gana.

La RanaRosita

salta de hoja en hoja,

y los tres renacuajos

ven que no se moja.

¡Rufo,Rita,Renato,

vamos todos a nadar!

y Rosita y sus renacuajos

nadaron sin parar.

Posted in Proxectos | Etiquetado: , | Leave a Comment »